Monday 29 de April de 2024

Éxito total da primeira xornada dedicada ás estrelas tras facerse oficial a denominación e destino starlight dos territorios da Reserva de Biosfera


Celebrouse o pasado 31 de maio e acudiron empresas turísticas certificadas na Marca de Calidade da Biosfera e persoas interesadas nesta temática.

As prazas esgotáronse ao pouco de convocar a actividade

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo xa é de maneira formal Destino Turístico Starlight, e para conmemorar este feito propuxo o pasado mércores unha xornada dedicada ás estrelas.

Nela participaron tanto empresas turísticas certificadas na Marca de Calidade da Biosfera como persoas interesadas nesta temática, cun límite de prazas de 25 que se esgotaron ao pouco de convocar a actividade.

Deu comezo ás 20:00 horas co coloquio “A protección e desfrute do ceo nocturno” da man de Javier Ares, fundador e CEO de Polaris Menorca e quen fose presidente da Reserva de Biosfera de Menorca. Traballou en Greenpeace International e creou Polaris Menorca coa idea de ser unha extensión da súa traxectoria vital, marcada pola exploración e a navegación, cun espírito baseado na sensibilización ambiental.

De 21:00 a 22:00 horas tivo lugar unha degustación de produtos locais da Reserva de Biosfera, e de 22:00 a 23:00 horas observáronse as estrelas con punto de encontro en Beche, Abegondo.